MARSHALL AMPS.

CAMPAÑA DE PUBLI & RRSS

O SON DAS LENDAS máis preto ca nunca 

A nova tenda de amplificadores mini abre na Coruña

O problema

Marshall abre unha nova tenda en Coruña adicada á venda de mini amplificadores (MS – 2 Micro Strack). Debemos facer unha campaña de publicidade para a apertura da mesma.

O concepto

Neste caso collemos como referente ás principais lendas do rock que usan os amplificadores Marshall, utilizando as súas letras máis icónicas como teasers

Utilizaremos tamén a mesma estética que a marca xa ven utilizando e evocaremos ao sentido de pertenza que ten o público obxectivo ao que nos diriximos.

(01.Icónico)

A solución

A campaña desenvolvese en tres fases; a primeira que conta coa colocación de carteis teasers por toda a cidade coa gama de cores dos amplifiacadores.

A segunda fase será a gráfica que nos ensina o produto, neste caso optouse por representalo con modelos e poses estravagantes especialmente para que se aprecie o tamaño único do amplificador.

Por último, a campaña contaría con publicidade en medios dixitais e impresos ata o propio día da apertura, onde se podería desfrutar de música en directo no propio local.

(02.Chamativo)

(03.Irónico)